A Clínica

Descubre a nosa clínica
Consultas
Consultas

Dispoñemos de 2 consultas totalmente equipadas para poder realizar a exploración e probas diagnósticas necesarias. Ámbalas consultas comunican directamente co laboratorio para axilizar o traballo diagnóstico de forma que se poidan realizar as probas de laboratorio a 2 pacientes ao mesmo tempo.

Quirófano
Quirófano

A área cirúrxica conta cun monitor anestésico para control de capnografia, pulsioximetría, electrocardiografía, presión arterial, temperatura, mentres o paciente está anestesiado. Dispón ademais de bisturí electrico, aspirador cirúrxico, bomba de infusión para anestesia por infusión continua e respirador automático que ademais de evitar as paradas respiratorias durante a cirurxía, permite aplicar a osixenación adecuada a cada tipo de paciente.

Laboratorio
Laboratorio

O noso centro dispón de laboratorio propio con equipos de hematoloxía e bioquímica que nos permiten realizar as probas analíticas máis importantes e dispor delas no momento da consulta ou no mesmo día.

Hospitalización
Hospitalización

Cando unha mascota necesita quedar ingresada no noso centro, dispomos de amplos e cómodos boxes para que a súa estancia sexa o máis agradable posible e para poder realizar os controis de monitorización e toma de mostras.
En pacientes que asi o precisen a atención e vixilancia do mesmo realizarase permanentemente as 24 horas.

Contamos con equipos de osixenación e bombas de infusión de soro e logo de cada alta de hospitalización, realízase a desinfección do box para evitar posibles contaxios de enfermidades entre os pacientes ingresados. Tamén se realiza periodicamente a desinfección de todo o local para manter esas condicións de hixiene.

Sala Raios X
Sala Raios X

Contamos cun equipo de Rx de última xeración con capacidade para realizar radiografías a mascotas de calquera tamaño sendo ademais o primeiro centro privado de Lugo que conta cun sistema de revelado dixital cuxas vantaxes son:

- Evitar utilizar placas tradicionais, máis difíciles de manipular e de arquivar e sobre todo, máis contaminantes para o medio ambiente
- Posibilidade de variar a definición da imaxe: cunha soa imaxe podemos ver estruturas moi distintas que en radioloxía tradicional obrigaríanos a realizar varias placas, co cal o aforro é maior en tempo, diñeiro e por suposto en saúde (menor irradiación)
- Facilidade de almacenaxe de imagenes: podemos arquivar miles de imàxes sen que perdan nin un apice de calidade e sen ocupar espazo
- Posibilidade de entregar ao propietario copia desas imaxes nun CD ou nun pendrive para que poida dispor do historial da súa mascota ou para levárllelo ao seu veterinario habitual no caso de clientes referidos ou que se atopan de paso na cidade

Recepción / Tienda
Recepción / Tienda

Na recepción e tenda da clínica será atendido polo noso equipo para programar citas de vacinación, de consulta ou de cirurxía e asesorarémoslle ademais sobre os nosos produtos para a súa mascota así como acerca da alimentación máis adecuada.

Contamos coas mellores marcas de alimentacion para mascotas (Royal Canin, Hill´s, Advance, Virbac, Purina...) e de accesorios (Ferplast, Kong, Nylabone...) para que poidas ofrecerlle o mellor ao teu mellor amigo.

Prequirófano
Prequirófano

O prequiròfano é unha importante zona de traballo que conta cunha bañeira especial e con diversas utilidades:

- Lavado e desinfección do area do animal onde imos realizar a intervención
- Levar a cabo os procedementos previos á anestesia do paciente: colocación de vias, sedacion, etc.
- Realizar intervencións que non requiren unhas condicións de asepsia especiais: realizacion de curas, aplicacion de vendaxes, sutura de feridas contaminadas ou infectadas, biopsias de pel, etc.

Tamén aquí lévase a cabo a preparaciòn do material cirúrxico a utilizar na intervención que previamente foi esterilizado en autoclave para garantir a asepsia na cirurxía, sobre todo no caso de intervencións traumatológicas nas que hoxe en dia utilízanse materiais especiais que necesitan de asepsia absoluta.

Perruquería
Perruquería

Na nosa perruquería o máis importante é o teu mellor amigo, por iso deixálo en mans duns profesionais que o tratarán con agarimo, porano guapo respetando os estándares das razas e se é un mestizo mellor aínda, sorprenderache o belezón que leva dentro.