Clínica Veterinaria San Froilán comeza a súa andaina en novembro de 1993, froito da asociación de varios compañeiros de estudos da Facultade de Veterinaria de Lugo que con ilusión e ganas de traballar e grazas a disponibilidade de medios consiguen pór en funcionamento unha clínica veterinaria no emprazamento actual e un servizo de clínica ambulante para grandes animais prestando servizo na periferia da cidade.

En pouco tempo, tras o despegamento inicial ponse en funcionamento outra clínica veterinaria na veciña poboación de Sarria e un servizo de clínica ambulante con vehículo especialmente deseñado para tal fín, para prestar o servizo na Cooperativa Medela de Taboada.

Logo de todo este tempo, a orientación da nosa actividade centrouse exclusivamente na especialización na clínica de mascotas ata alcanzar o grao de especialización e equipamento actual que nos permite ofrecer aos nosos clientes as técnicas de diagnóstico e de tratamento máis avanzadas, así como todo o necesario para o coidado óptimo das nosas mascotas tanto en accesorios, alimentación, tratamento preventivos, servizo de barbería, etc.

- -