MEU CAN FAISE MAIOR…

| | No Comments

…E que cumpran moitos máis…

O noso mellor amigo de catro patas faise maior , envellece como o facemos nós, aínda que dunha forma máis rápida xa que un ano del é, de maneira aproximada,  son 7 anos dos nosos.
grass, dog, cute, canine, pet, snout

Pasan a vida ao noso lado, compartindo moitos momentos  importantes da mesma chegando a  crear un vínculo de amor e sentimento moi grande. Querémolos tanto que queremos que sigan pasando anos ao noso lado, cantos máis, mellor.

Por esta razón, a xeriatría en veterinaria toma importancia e xoga un papel fundamental na súa saúde.

A  esperanza de vida dos cans , e sobre todo a súa calidade de vida  aumentou grazas ás vacinas, control dos parasitos,  a planificación familiar (castración e control de reprodución), unha correcta  nutrición e as visitas regulares ao veterinario.

Ademais de recomendar revisións e realizar plans xeriátricos a partir dos sete anos, escribimos este artigo para que coñezades a importancia da prevención sanitaria, de “coller” os pequenos achaques a tempo e dalgúns dos signos que deben facervos sospeitar que algo non vai ben.   A TOMAR NOTA!

¿Cando  se fai maior ou empeza a súa etapa senior?

Seguramente  teñades oído que un ano do noso can ou gato  son sete anos dos nosos.  Isto é de maneira aproximada pero para ser máis exactos debemos ter en conta a especie (can ou gato), a raza ( os Siameses son oFile:Old dog noah (1 of 1).jpgs gatos máis lonxevos) e o tamaño (os cans mini como os Yorshire Terrier viven máis que os cans de tallas grandes como os San Bernardos).

Cando se aproximan 0s sete anos ( cinco anos se son razas grandes) podemos empezar cos seus coidados senior. Aínda que gocen de boa saúde, o envellecemento é parte natural da vida. Prodúcense cambios no metabolismo, nos seus órganos e no corpo que debemos ter en conta para adaptarse a esta nova vida.

As analíticas de sangue, de ouriños e outras probas sinxelas axúdannos a saber canto e como están a funcionar os órganos do seu corpo a esta idade : como está o seu corazón, os seus riles, o fígado, o seu aparello dixestivo, a súa visión…

A prevención e o diagnóstico temperán de enfermidades é a clave para vivir máis e mellor.

 

ESTES SON ALGÚNS SÍNTOMAS QUE DEBEN FACER SALTAR A ALARMA!

Beber máis auga. Aínda que é bo beber auga para manterse hidratados, o aumento no consumo de auga é un signo de enfermidades comúns como , por exemplo  a Diabetes Mellitus, a enfermidade renal , problemas  de fígado e de  tiroides (hipertiroidismo).  Todas estas enfermidades son moi frecuentes na clínica a diario.
Aumento de peso ou obesidade. O diminuír o metabolismo, os nosos amigos poden estar menos activos.  A obesidade está relacionada e aumenta o risco de patoloxías graves : problemas de corazón, problemas urinarios, dor nas articulacións…
Baixada de peso. Os controis de peso non só son para os cans e gatos que están “algo gordiños”. Os controis de peso durante a vida das nosas mascotas son moi importantses,  sobre todo nos gatos onde os cambios son máis sutís. As perdas de peso poden ou non acompañarse de apetito. É dicir, hai animais que perden peso e comen moito (é o caso dos gatos hipertiroideos) ou hai animais que perden peso porque o seu apetito diminuíu ( moitas veces é dor por mobilidade nas pezas dentais, dor nas articulacións,  menor sentido do olfacto ou apetito máis caprichoso).
 Cambios na micción : non se aguanta o “pis” en casa, ese “pis” é máis grande e máis transparente, presenta sangue, o cheiro é forte, cústalle ouriñar…
 A forma do abdome. É un signo que nos pode levar a erro porque pensemos que está gordo. Ás veces é así, outras veces poden aparecer  “barrigas tipo barril” que é característico dunha patoloxía hormonal de cans maiores chamada Hiperadrenocorticismo ou Síndrome de Cushing.
Caída de pelo: O pelo e a pel dannos moita información sobre o estado de saúde. Un pelo pobre, unha caída excesiva ou zonas con calvas (alopecias) ponnos en alerta para empezar un recoñecemento. Unha nutrición inadecuada pode ser a causa, pero existen patoloxías sobre todo hormonais que cursan con problemas dermatolóxicos.
Cánsase ao correr, non aguanta xogando como antes. Achacado moitas veces a que é maior…es un erro.  A maioría de intolerancias ao exercicio e a tose en cans maiores adoitan ter unha orixe cardíaca.  O corazón por algunha causa non bombea o sangue de forma correcta e produce este cansazo e retención de líquidos nalgunhas partes do corpo (o pulmón, o abdome).

beach sea sand old puppy dog portrait mammal friend hound nose golden retriever ears vertebrate labrador retriever beagle elderly retriever snuff dog like mammal

Vómitos.

Diarrea ou estreñimiento.
Dor. A estas idades os problemas articulares e artroses son moi comúns.  Hoxe en día, existen tratamentos novos e alimentos  que axudan ao control da dor.
 “Bultos” ou masas en calquer parte do corpo. Calquera masa é susceptible de estudo, as citoloxías son metodos pouco invasivos que nos axudan a establecer un diagnóstico (tumores, hiperplasia,  lipomas…)
Cambios de comportamento : desorientación, agresividade, apatía, cambio de soño…  Características da disfunción cognitiva ( o Alzheimer dos cans).

Estes son signos moi frecuentes en cans e gatos maiores que debemos coñecer, con todo calquera signo ou síntoma debe ser avaliado e nunca debe achacarse a “xa ten moitos anos”.

sweet old puppy dog animal cute pet fur cat mammal care close blind race face vertebrate senior lying terrier foster dear purebred dog dog portrait small dog deaf jack russell animal shelter street dog dog like mammal dementia care dog

¡A COIDAR AOS AVÓS!

 

 

 

Resultado de imagen de old dog

 

Dedicado a todos aqueles cans que compartiron e comparten as nosas vidas durante moitos anos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *