O CELO NA GATA

| | No Comments

  Xa que estamos a chegar a unha época onde as nosas gatas van entrar en celo e abórdanvos dúbidas como : ¿cando lle vén o celo á miña gata? ¿canto dura? ¿cantos celos teñen ao ano?, quixemos dedicar un artigo para entender o seu ciclo reprodutivo xa que o celo das gatas é moi distinto ao celo das cadelas

¡ALÁ IMOS!

Debedes saber que as gatas son POLIESTRICAS ESTACIONALES, isto quere dicir que os seus celos están regulados polas horas de luz, é dicir polas estacións do ano. No solsticio de inverno, o 24 de Decembro as horas de luz empezan a aumentar, os días comezan a ser máis longos e é cando as nosas gatas empezan a estar en celo. Nalgúns lugares de Galicia chámaselles a este período comunmente como ” A Xaneira”. Desde estas datas ata que os días empezan a facerse máis curtos (pasados o verán) as gatas entrarán varias veces en celo. É a primeira diferenza que temos coas cadelas, as que, como sabedes presentan 1 ou 2 celos ao ano.

 

Existen excepcións, e hai gatas que entran en celo sen ter en conta as horas de luz, é dicir todo o ano, crese que é debido ás horas de luz artificial ( a luz dos pisos e casas), pero en xeral a maioría de gatas estarán en celo durante este longo período de tempo.

 

Outra diferenza coa cadela é que as gata presenta OVULACIÓN INDUCIDA, é dicir, ovulan cando se produce a monta por parte do macho quedando polo xeral gestante. Se non houbo monta ou non queda gestante, a gata volverá a ciclar ata terminar o período reprodutivo. Isto quere dicir que terá signos de celo 3-4 días cada aproximadamente 10 días durante este período de tempo.

¡¡Non deixará de entrar en celo ata que termine a época reprodutiva!

Existen tamén algunhas excepcións e hoxe sabemos que hai gatas que teñen ovulaciones espóntáneas, é dicir sen haber monta. Isto é debido a estímulos ambientais, olfatorios, visuais, auditivos ou táctiles que producen que a gata ovule por si soa.

 

Entón…¿Cándo aparecerá o primeiro celo?

-Na puberdade. Nas gatas esta fase prodúcese aproximadamente sobre os 6 ou 9 meses de idade. Existen varios factores que chegue antes ou máis tarde á puberdade : o momento do nacemento, se convive con machos ou femias e o peso ( chegan á puberdade cando o seu peso chegue a 2-3 kg xeralmente)

¿Cómo sei que a miña gata está en celo?

Cando as gatas entran en celo adoptan unha actitude excesivamente cariñosa, freganse contra obxectos da casa, contra as persoas… As vocalizaciones e maullidous aumentan en número e intensidade , sendo moitas veces dunha alta voltaxe que chega a persuadir a nosa vida diaria (e a do veciño)

 

¿É recomendable  castrar ás gatas?

SÍ. Con numerosos estudos detrás, sabemos que as gatas *castradas (antes do seu primeiro celo) viven máis anos, evitamos patoloxías reprodutivas : *piometra (infección de útero), *fibroadenomatosis, tumores tanto *uterinos como *ováricos e mesmo os tan temidos tumores de mama.

Ademais, as gatas non *castradas teñen máis risco de escaparse ou de tentalo, xa que a ?chamada da natureza? non atende a razóns provocando accidentes e xestacións *indeseadas.

Se tedes calquera dúbida sobre o celo da gata ou a castración poidades contactar connosco,

¡¡¡¡estaremos encantados de resolver todas as vosas dúbidas sobre este tema!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *