Alimentación e coidados dos coellos

folder_openUncategorized @gl
commentNo hay comentarios

 

Para coidar ao noso coello o mellor posible, en primeiro lugar debemos entender como vivirían no seu medio natural, para así facer que se sinta o máis cómodo posible, saudable e feliz.

Na natureza os coellos permanecen escondidos a pleno día e saen soamente ao amencer e atardecer polos arredores dos seus tobos para comer herba. Como son por natureza presas, dispoñen ademais dunha gran capacidade de detectar o perigo e tamén de fuxida rápida ante o mesmo.

 

 

 

ALOXAMENTO:

  • Gaiola: Para coellos mantidos en interior necesitaremos unha gaiola dun material resistente (para un de raza anana mínimo de 40x70cm) aínda que canto maior sexa o tamaño sempre mellor. É recomendable dispoñer dunha zona con refuxio na que se poida sentir máis protexido e esconderse cando queira. Moitos coellos aprenden a facer as suas deposicións en bandexas con material absorbente, o que nos pode facilitar moito a limpeza. Se o noso coello vai ser mantido no exterior é importante que dispoña dun refuxio onde protexerse do sol e altas temperaturas así como das inclemencias meteorolóxicas
  • Comedero: para heno/verduras e outro para penso.
  • Bebedoiro: pode ser de tipo botella ou ben un cunco que non poidan envorcar.
  • Substrato: pellets de papel extrusionado, gránulos vexetais ou ben palla/heno, as virutas de madeira non son tan recomendables debido a que poden ser irritantes a nivel respiratorio e de ollos. Podemos colocar xornais debaixo para unha maior absorción e acolchado (a tinta non é tóxica). NUNCA se debe usar area de gato como substrato, debido a que é moi abrasiva e prexudicaríalles. Canto máis acolchado o fondo mellor para a saúde e patas do noso coello…

 

DIETA DO COELLO

 

 

A alimentación do coello é completamente herbívora (rica en fibra). Se a cantidade de fibra diminúe o sistema dixestivo do coello non funciona correctamente e ademais existe risco de sobrecrecemento dos dentes, xa que son de crecemento continuo.

 

 

 

Heno: Sempre a libre disposición. É o alimento máis importante. (Un feixe aproximadamente igual ao que o propio coello avulta en todo momento).

Verduras, follas e herbas frescas: A cantidade aproximada sería dun pequeno puñado pola mañá e outro pola tarde. Pode ofrecerse follas de cenoria, apio, perexil, col, acelga, escarola, follas de coliflor, follas de nabo, remolacha, alcachofa… Pódense dar en cantidades moderadas leituga, cenoria, espinacas…Son prácticas tamén as bolsas de ensalada de mestura de follas de verduras. Tamén se poden colleitar dentes de león e trevo como herbas silvestres (ollo! dun lugar libre de insecticidas e contaminantes). Aqueles con acceso a xardín seleccionan por sí mesmos as plantas adecuadas.

Penso granulado ( Pellets): sen cereais nin sementes. A cantidade recomendada sería dunha cullerada sopeira rasa ao día en adultos (en coellos ata os 6 meses pode darse un pouco máis).

Os hidratos de carbono (froita, cereais, lambetadas, pan…): deben restrinxirse ao mínimo.

  •  As pedras de calcio non son recomendables, xa que a longo prazo poderían provocar enfermidades do aparello urinario.
  •  Calquera cambio de alimentación debe realizarse sempre de forma progresiva.

 

 

COIDADOS E CURIOSIDADES

  • Os coellos na natureza son presas, por tanto teñen un carácter tímido e asustadizo. Cando incorporamos un novo coello a casa debemos afacerlle progresivamente. Os primeiros días deixarémoslle na gaiola e aos poucos irémonos aproximando, dándolle premios e asociando a nosa voz e presenza a algo tranquilo e positivo. A continuación ir progresivamente afacéndoo a saír (sen forzalo, chamándoo coa voz ou premios) ata que o faga de maneira voluntaria. Se o facemos do modo correcto e sen sobresaltos podemos conseguir un animaliño sociable e alegre que se sinta totalmente seguro connosco.
  • Coma calquera outra mascota, precisan ir ao veterinario para realizar revisións e vacinalos.  Neste artículo vos informamos sobre os seus coidados veterinarios https://www.veterinariasanfroilan.com/es/cuando-llevo-a-mi-conejo-al-veterinario/
  • Se viven nunha gaiola débense ter períodos de liberdade (baixo vixilancia) para poder facer exercicio, estar entretidos e relacionarse.
  • Non é necesario bañalos debido a que se acicalan eles mesmos, pero si é bo afacelos ao cepillado.
  • Hai que ter sempre coidado co manexo, xa que os seus ósos son moi fráxiles e poderían danarse.

                                                                               ¡¡PON UN COELLO NA TUA VIDA!!

Este texto también está disponible en: Español (Spanish)

Tags: alimentación, coellos, cuidados, exoticos, veterinario

Related Posts

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce una dirección de correo válida.

keyboard_arrow_up