Estes pequenos mamíferos pertencentes á familia dos lagomorfos están a ser unha mascota moi popular nos nosos fogares. Hainos de diferentes tamaños, pelaxes, cores… E o seu carácter doce e sociable convérteos nunha mascota ideal para a familia.
Por iso debemos coñecer todas as súas necesidades para darlles a mellor vida posible. Pero, ¿cando debo levar o meu coello ó veterinario e para que?
Primeira visita: ó mercar unha nova mascota é recomendable unha primeira visita ó veterinario para a revisión do estado de saúde do animal e informarse dos seus coidados (ben sexa cazapo ou xa un coello adulto). Isto inclúe a exploración completa do animal: Control do peso, revisión dos ollos, orellas, boca e dentes, palpación abdominal… Recomendacións sobre a instalación e manexo(gaiola, bebedeiro, comedeiro…)
Alimentación: extremadamente importante para que teña un bo estado de saúde. O cal é base de enfermidades secundarios como sobrecrecementos dentarios, problemas dixestivos e malnutrición.
Recomendacións sobre o comportamento e o manexo: Cómo facelo sociable de xeito correcto e así facer do noso coello unha mascota feliz e confiada; evitando problemas de medo, agresividade, eliminación inadecuada…
Vacinación: de mixomatose e enfermidade vírica hemorráxica: son transmitidas por insectos, carrachas e por contacto directo con outros animais. Son moi perigosas para as nosas mascotas, podendo causar a súa Xa se poden vacinar dende os 2 meses.
Desparasitación: tanto externa (pulgas, ácaros…) coma internos (vermes).
Castración (dende os 4-6meses). Nas femias reduce o risco de tumor uterino e aneurisma ( manifestase co sangrado).
Problemas de comportamento, agresividade…
Ou ben se observamos algún síntoma de enfermidade. Debemos estar atentos ó comportamento do noso coello (xa que cada dono é o que mellor coñece ó seu animal) e ter en conta que pola súa condición de presa sempre tenderá a disimular os síntomas de enfermedade.
Debemos acudir ó veterinario se…
… pasa máis tempo do normal quedo.
… non se acicala.
… baixa ou aumenta de peso de xeito brusco
… non quere comer ou come menos.
… non defeca ou o tamaño das cacas é máis pequeno, fainas en menor cantidade, pastosas ou se ten diarrea.
… bebe moito, mexa moito ou vemos sangue nos ouriños.
… presenta caspa na pelaxe.
… presenta secreción nos ollos/nariz ou espirra.
… vemos que os dentes sobresaen ou teñen mala aliñación.
Se tes calquera duda podes vir a visitarnos co teu coello a clínica
¡ESTAREMOS ENCANTADOS DE CONOCEROS!
Este texto también está disponible en: Español (Spanish)