Unha ave como mascota

folder_openexoticos
commentNo hay comentarios

Xa sexa pola súa beleza, polo seu canto ou pola súa intelixencia, as aves sempre foron unhas mascotas moi populares nos nosos fogares.

Por tanto é o noso labor mantelas nas mellores condicións posibles.

En primeiro lugar, e polas suas diferentes características, dividiremos ás aves en dous grupos:

Paseriformes: canarios, jilgueros, diamantes…
Psitácidas: periquitos, agapornis, ninfas, papagaios…

 

ALOXAMENTO

A gaiola debe ser sempre cadrada, e en canto ás dimensións o paxaro débese poder mover sen danar as plumas de ás ou cola cos barrotes da mesma (por suposto canto máis grande sexa a gaiola moito mellor).

Os pousadoiros deben ser de superficie irregular e idealmente con diferentes anchos (con polo menos algunhas zonas nas que os dedos non cheguen a ocupar toda a circunferencia do pau). Polas naturais por exemplo de froiteira ben desinfectadas son perfectos.

Pódeselles poñer unha bañeira cun pouquiño de auga cando fai calor ou pulverizalos de cando en vez.

 

ALIMENTACIÓN:

Penso completo extrusionado para aves (de alta calidade e que impide que o ave poida seleccionar o que máis lle gusta).

Algunhas das mellores marcas son: Harrison´ s, Kaytee, Zu- Preem, Zeigler, NutriBird, Pretty Bird… (O tamaño do gran de penso vai en función do tipo de ave.)

As dietas a base de sementes (como alpiste) NON son adecuadas, xa que carecen de moitos compoñentes, minerais e vitaminas necesarias e son altas en graxas. Ademáis seleccionan o que lles resulta mais apetitoso, co cal a alimentación é moi desequilibrada.

Froita e verdura variadas.

NON deben tomar: aguacate, chocolate nin alimentos moi salgados. NON dar sobras de comida caseira.

Poden colocarse ósos de sepia ou pedras de calcio na gaiola.

É imprescindible que dispoñan en todo momento de bebedeiros con auga limpa (as veces é preciso cambialo varias veces durante o día posto que o ensucian).

 

 

ENRIQUECIMENTO:

Enfocado sobre todo a psitáciadas (papagaios, cotorras, agapornis e periquitos) debido ao seu carácter social e intelixencia:

– Saídas fóra da gaiola: nunha habitación segura e sempre vixiadas.

– Buscar alimento: esconder alimento en follas de xornal no chan da gaiola ou en xoguetes, darllo en varias racións para que esté máis distraído…

 

Perigos a evitar na casa:

– Golpes con xanelas

– Intoxicacións

– Fumes da cociña ( teflón), queimaduras…

– Ataques por outros animais da casa.

– Escapes por xanelas ou portas abertas.

 

OUTROS:

Cando fai bo tempo convén sacar a gaiola ao exterior (coidado co sol e o exceso de calor no verán), xa que así nos aproveitamos da radiación ultravioleta (con cristal polo medio non chegaría e é moi necesaria para manter ás nosas aves sans).

¿Cando debemos levar á nosa ave ao veterinario?

– Ao adquirir á nosa nova mascota para informarnos sobre todos os seus coidados e alimentación.

– Se deixa de comer ou beber (ou o fai en exceso).

– Se está máis apagado, “ embolado” ou ten unha postura anormal.

– Se se arrinca as plumas ou ten a plumaxe con mal aspecto.

– Se vomita ou ten feces máis liquidas ou distintas ao habitual.

– Se ten vultos ou descamaciones na pel ou plumas…

 

Esperamos que estos consellos vos axuden a ter os vosos amigos con plumas nas mellores condicios. Se tedes ou ides  a ter unha ave como mascota podedes preguntar calquera dúbida.

Este texto también está disponible en: Español (Spanish)

Tags: aves, exoticos, lugo, paxaros, veterinarialugo, veterinariasanfroilan

Related Posts

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce una dirección de correo válida.

keyboard_arrow_up