Microchip

O microchip é unha cápsula pequena do tamaño dun gran de arroz que se inxecta debaixo da pel do animal á altura do pescozo. Os veterinarios e autoridades correspondentes teñen un escáner para ler os números dixitais instalados no interior da cápsula. Se un can perdésese e tivese un microchip, acudindo a un veterinario que lese o microchip obteríamos os datos de información do seu dono e así devolvelo ao seu fogar. O microchip é permanente, non se pode remover ou alterar, deste xeito facilítase a devolución ao seu dono en caso de extravíos e diminúese a cantidade de abandonos ou roubos.
Desde hai anos, a identificación con microchip é obrigatoria en tódalas mascotas da especie canina asi como nas demais mascotas que necesiten viaxar a outro país.
Tódolos trámites para a identificación co devandito método realízanse na nosa clínica ao ser veterinarios actuantes do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía.
Para calquera dúbida sobre a identificación da túa mascota non deixes de contactar connosco.

keyboard_arrow_up