GUÍA DE ENRIQUECEMENTO AMBIENTAL FELINA

| | No Comments

Esta guía está deseñada para proporcionarlle ao noso gato un ambiente onde poida expresarse da maneira máis natural posible para  evitar problemas de comportamento (ouriñar en lugares inapropiados, rascar sofás e mobles, cambios de conduta, agresividade, dentadas?) e de saúde  ( cistitis idiopáticas, obstrucións urinarias, diabetes?), ademais de mellorar a nosa convivencia con eles. No artigo ¿Porqué se estresan os gatos?  explicamos o tempo que inviste un gato en realizar as súas actividades diarias.

COMIDA, SEMPRE 

Os gatos en liberdade,  liberdade, cazan varias veces ao día pequenas presas (roedores, insectos?) para alimentarse. En casa, a comida debe de estar dispoñible porque un gato pode ir ao comedero entre 9 e 16 veces ao día.(excepcionando algúns casos con restricións dietéticas)

Para mantelos activos e simular a actividade de caza podedes utilizar comederos interactivos. Tamén é moi boa idea esconderlles a comida en varios lugares da casa para que se entreteñan buscando a ?as súas presas?.

AUGA, FRESCA

Como todos sabemos os gatos non son grandes bebedores de auga, pero iso non quere dicir que non a necesiten. En liberdade, obteñen auga das presas que cazan.

En casa debe ter bebedoiros amplos, con auga fresca sempre (sabemos o ?tiquismiquis? que son), afastados da comida e proporcionarlles dieta húmida ( en sobres, patés?).

Sabemos que lles encanta beber das billas e das duchas, isto é porque lles gusta a auga fresca e corrente. Existen fontes especiais para gatos que estimulan a inxesta de auga ao estar a se renovar constantemente.

MOMENTOS DE XOGO

Para manter ao noso gato activo e que non se volva sedentario podemos simular a caza a través do xogo.

Os xoguetes deben ser adecuados para eles, existen multitude de formas e texturas que simulan ás ?presas?. Cada gato ten as súas preferencias, a algúns lles gustan as plumas, a outros os xoguetes de pelo…Teredes que descubrir cales son os seus favoritos!!!

Un consello que vos damos é que non lle deades todos os  xoguetes, se non que llos gardedes e cambiedes a miúdo para que sexan novidades.

Existen tamén xoguetes interactivos para que o gato entretéñase só, aínda
que non debemos esquecernos que debemos dedicarlles momentos de xogo connosco.

 NUNCA UTILICEDES AS MANS NIN OS PES PARA XOGAR CO VOSO GATO!!

É unha práctica moi habitual que adoita terminar en agresividade. Este é un trastorno máis fácil de evitar que de tratar. Por tanto, utilizar sempre os seus xoguetes para divertirvos (varitas con plumas, punteiro láser?)

.

GATO NAS ALTURAS

Á maioría dos gatos encántanlles as alturas porque así controlan o territorio sentíndose seguros..

Existen no mercado un sen fin de plataformas con varios pisos para este fin. Deben ser sobre todo estables e o suficientemente amplas para que o gato senta cómodo.

Con iso evitamos tamén que suban a mobles, rubir polas cortinas…etc…

É importante deixar descansar ao noso gato, nestas alturas ou no seu lugar de seguridade. Un segredo : encántanlles as caixas de cartón como torre de control!!!

O RASCADO

Cando os gatos rascan depositan feromonas coas que marcan o seu territorio, preparan as súas uñas e estíranse. Por tanto debemos ter un ou varios rascadores para non privar desta conduta ao noso gato e evitar que rabuñe outras zonas (sofás, mobles?)

O lugar onde o poñamos é importante para isto. O normal é instalalo preto da súa zona de confort, xa que cando se espertan adoitan estirarse e rabuñar preto.

Á maioría gústanlles os rascadores verticais, pero en ocasións as súas preferencias son horizontais. Nese caso, existen tamén rascadores deste tipo.

WC GATUNO : A BANDEXA DA AREA

Merece mención especial a bandexa de area xa que é unha das consultas frecuentes na clínica. Os propietarios cóntannos que o gato ouriña ou defeca fose da bandexa de area.

Son varios os motivos polos que un gato pode facer isto, pero una dos puntos que debemos avaliar é a súa bandexa de area.

Aínda que aquí existen moitas preferencias individuais a maioría dos gatos prefiren bandexas descubertas sen bordo protector, non excesivamente altas, con acceso durante todo o día, afastada da comida e auga, e separada de ruídos como lavadoras.

As súas dimensións deben ser correctas, sendo estas o suficientemente grandes (debe entrar un gato e medio). E debe haber tantas como gatos hai, máis unha. É dicir se viven dous gatos en casa, terían que ter tres bandexas.

A area pode chegar a ser tamén un problema. Hai varios tipos no mercado, e unha vez máis os gatos teñen preferencias. Adoitan gustarlles as areas aglomerantes e que non sexan perfumadas. Moitas veces, o feito de cambiar de area incomódalles.

VIDA SOCIAL DO NOSO GATO

Explicámolo sempre, non se debe forzar a un gato para estar connosco ou outros animais se nese momento non quere. É o gato o que elixe cando quere estar.

Moitas veces os gatos veñen pedir caricias, pero cánsanse rápido e se seguimos insistindo levarémonos unha desagradable sorpresa pola súa banda.

Sabemos que hai sinais que o gato mostra e estanos dicindo : ?non quero máis? En ocasións as persoas confúndenas porque son distintas ás dos nosos amigos os cans. Por exemplo, se un gato move a cola non nos está mostrando o contento que está como sería no caso do noso fiel amigo o can, está ?preparándose para atacar?. Cando se tiran no chan e ensínannos a barriga están a pedirnos que interactuemos con eles ollo! non que lle toquemos a barriga!!!

NON CASTIGUES Ó TEU GATO 

Tanto o castigo físico como o verbal é absurdo e contraproducente. Os gatos, ademais de non aprender co reforzo negativo poden tomarllo tan mal que cheguen a converterse en agresivos.

Existen o que chamamos “castigos divinos” é dicir, castigos que non relaciona connosco. Pode ser tirar unhas chaves ou algunha cousa que faga moito ruído no momento da conduta inapropiada do gato.

Esta guía básica comprende os principais puntos nos que se basea o  enriquecemento ambiental, con iso axudamos aos gatos para vivir de forma feliz e evitar problemas de comportamento e saúde frecuentes.

Podes consultar calquera dúbida connosco Encántanos falar sobre gatos felices!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *